The Perfect Human (O humano perfecto)

17:19


The Perfect Human


Podedes ver no seguinte enlace o video con subtítulos en castelán.

The Perfect Human - Jorgen Leth (1967) (Sub SP)




Tamén de Jorgen Leth: Jørgen Leth - 66 Scenes from America (1982)

No minuto 17:47 podedes ver como Andy Warhold come unha Hamburguesa e no seguinte video podedes ver como a como eu.



Man with a movie camera


Tamén vos recomendo que lle botedes un ollo a esta película:

” Man With a Movie Camera ” by DZIGA VERTOV - 1929



Nela podemos disfrutar do proceso de filmación e do uso da imaxe cinematográfica como elemento narrativo. Pódese definir como un filme de experimentación cinematográfica.

Neste artículo tedes máis información: Lo vi en un documental - A Man with a movie camera


Manifesto DOGMA 95

Este manifesto foi creado polos directores daneses Lars von TrierThomas Vinterberg en 1995. Convídovos a investigar na rede e coñecer películas destes directores.

Deixovos aquí un video de Muchachada Nui da sua sección "Celebritis" adicada a "Lars von Trier!!!!! ¿Qué será lo próximo?"



O obxectivo do movemento é purificar a arte cinematográfica, rexeitando os efectos especiais e as modificacións na posprodución. As dez regras que debía cumprir un filme para ser considerado Dogma segundo o "Voto de Castidade," son:[1]


  1. A rodaxe debe facerse en localizacións. Non se deben levar a escenarios. (Se é preciso un accesorio especial para a historia, debe escollerse unha localización na que se poida localizar).
  2. O son non debe ser producido aparte das imaxes e viceversa. (Non se debe empregar música a menos que exista onde se grava a escena.)
  3. Debe levarse a cámara en man. Permítese calquera movemento ou inmobilidade proporcionado pola man.
  4. O filme debe de ser en cor. A iluminación especial non é aceptable. (Se a iluminación é demasiado feble para a rodaxe debe cortarse a escena ou conectar unha soa lámpada á cámara).
  5. Están prohibidos os traballos ópticos e os filtros.
  6. O filme non debe conter acción superficial. (Non deben ocorrer asasinatos, armas etc.)
  7. Está prohibida a alienación temporal e xeográfica. (É dicir, o filme ten lugar aquí e agora).
  8. Non se aceptan xéneros cinematográficos.
  9. O formato do filme debe ser 35 mm.
  10. O director non debe aparecer nos títulos de crédito.


THE FIVE OBSTRUCTIONS (2003) DIR. LARS VON TRIER AND JORGEN LETH


Lars von Trier propuxolle a Jorgen Leth un reto, recrear a sua curta "The Perfect Human" 5 veces máis pero con unhas condición que iban mudando en cada versión. Esta que vos poño a continuación e na que Jorgen Leth non pasou a proba según os criterios marcados por Lars von Trier e como castigo na seguinte rodaxe deulle liberdade absoluta ou podría volver a Bombai a repetila. 


Relacionado

0 comments