A primeira película cinematográfica: A chegada do tren dos irmáns Lumiere
Eadweard Muybridge The horse in motion (1878)
Louis Le Prince (Reino Unido) autor de 2 segundos: Roundhay Garden Scene (1888)
Chegada do tren a estación de La Ciotat, Irmáns Lumière (1895)
Louis Lumière: A primeira película cómica L'Arroseur Arrose (1895)
Alice Guy Blache. A primeira cineasta . La fée aux choux (1896)
Georges Melies. La primera película de miedo. The Devil's Castle (1896)
Eduardo Jimeno Peromarta a primeira película española Salida de la misa de doce de la iglesia del Pilar de Zaragoza (1896)
William Harbeck (Vancouver) A Primeira película da historia filmanda dende un vehículo en movemento (un tranvía da cidade de Vancouver): "Vancouver 1907"
José Gil filmou a primeira película galega de ficción. Miss Ledya (1916)
Con este xa son 3 anos de curso de cine en Cans. Fixemos dous documentais: "Ponme a última" Memorias dos bares fechados de Cans (2016) e "Hoxe non é un soño" (2017) .
Neste curso aprenderemos a linguaxe do cine (a linguaxe audiovisual) e poñeremos en practica todo o aprendido ca realización dun documental o redor da figura da profesora "Doña Sara".
Doubos a benvida
--
Juanma LoDo
Neste curso aprenderemos a linguaxe do cine (a linguaxe audiovisual) e poñeremos en practica todo o aprendido ca realización dun documental o redor da figura da profesora "Doña Sara".
Doubos a benvida
--
Juanma LoDo
- A rodaxe da curta debe facerse en Cans en localizacións e non en escenarios. Se un elemento escenográfico e preciso deberá localizarse nun lugar de Cans onde sea verosímil o seu uso.
- Os actores deben ser veciños de Cans.
- A duración da curta debe de ser de 3:03 min, sen incluir ós créditos.
- O director non debe aparecer nos títulos de crédito pero si debe facer un cameo na curta.
- Durante a rodaxe unha persoa do equipo de rodaxe deberá subir textos, imaxes e videos as redes sociais documentando o proceso de creación da curta co hashtag #ManifestoCans303.
- Os nomes das personaxes y lugares citados no guión deberán ser tomados de nomes de veciños e topónimos de Cans.
- A rodaxe pódese situar fora dos lindes de Cans 3,03Km tomando como Km 0 o torreiro de Cans.
- Na curta deberá aparecer un Chimpin e un Can.
Inspirado no manifesto Dogma95
- A rodaxe debe facerse en localizacións. Non se deben levar a escenarios. (Se é preciso un accesorio especial para a historia, debe escollerse unha localización na que se poida localizar).
- O son non debe ser producido aparte das imaxes e viceversa. (Non se debe empregar música a menos que exista onde se grava a escena.)
- Debe levarse a cámara en man. Permítese calquera movemento ou inmobilidade proporcionado pola man.
- O filme debe de ser en cor. A iluminación especial non é aceptable. (Se a iluminación é demasiado feble para a rodaxe debe cortarse a escena ou conectar unha soa lámpada á cámara).
- Están prohibidos os traballos ópticos e os filtros.
- O filme non debe conter acción superficial. (Non deben ocorrer asasinatos, armas etc.)
- Está prohibida a alienación temporal e xeográfica. (É dicir, o filme ten lugar aquí e agora).
- Non se aceptan xéneros cinematográficos.
- O formato do filme debe ser 35 mm.
- O director non debe aparecer nos títulos de crédito.