Manifesto CANS303

05:47



Manifesto CANS 303
(Borrador 2017-2018)


  1. A rodaxe da curta debe facerse en Cans en localizacións e non en escenarios. Se un elemento escenográfico e preciso deberá localizarse nun lugar de Cans onde sea verosímil o seu uso.
  2. Os actores deben ser veciños de Cans.
  3. A duración da curta debe de ser de 3:03 min, sen incluir ós créditos.
  4. O director non debe aparecer nos títulos de crédito pero si debe facer un cameo na curta.
  5. Durante a rodaxe unha persoa do equipo de rodaxe deberá subir textos, imaxes e videos  as redes sociais documentando o proceso de creación da curta co hashtag #ManifestoCans303.
  6. Os nomes das personaxes y lugares citados no guión deberán ser tomados de nomes de veciños e topónimos de Cans.
  7. A rodaxe pódese situar fora dos lindes de Cans 3,03Km tomando como Km 0 o torreiro de Cans.
  8. Na curta deberá aparecer un Chimpin e un Can. 


Inspirado no manifesto Dogma95
  1. A rodaxe debe facerse en localizacións. Non se deben levar a escenarios. (Se é preciso un accesorio especial para a historia, debe escollerse unha localización na que se poida localizar).
  2. O son non debe ser producido aparte das imaxes e viceversa. (Non se debe empregar música a menos que exista onde se grava a escena.)
  3. Debe levarse a cámara en man. Permítese calquera movemento ou inmobilidade proporcionado pola man.
  4. O filme debe de ser en cor. A iluminación especial non é aceptable. (Se a iluminación é demasiado feble para a rodaxe debe cortarse a escena ou conectar unha soa lámpada á cámara).
  5. Están prohibidos os traballos ópticos e os filtros.
  6. O filme non debe conter acción superficial. (Non deben ocorrer asasinatos, armas etc.)
  7. Está prohibida a alienación temporal e xeográfica. (É dicir, o filme ten lugar aquí e agora).
  8. Non se aceptan xéneros cinematográficos.
  9. O formato do filme debe ser 35 mm.
  10. O director non debe aparecer nos títulos de crédito.

Relacionado

0 comments